HomeCulturaInauguración da mostra fotográfica "Pedra Sacra" sobre o románico chantadino

Inauguración da mostra fotográfica “Pedra Sacra” sobre o románico chantadino

Publicado o

- Advertisement -

A mostra fotográfica “Pedra Sacra” que se inaugura o día 21 de xullo ás 12:00 horas no Círculo Recreativo e Cultural de Chantada, estará aberta ó público ata o vindeiro día 5 de agosto.

A exposición, organizada pola Asociación de Amigos de Manuel Jorge de Chantada, é unha das primeiras actividades organizadas por este colectivo da vila do Asma que persigue o obxectivo de converterse no motor de dinamización cultural da zona. 

Por outra banda, esta actividade tamén é unha dedicatoria á memoria de Christina Snellman que escolleu no seu momento a arte románica como tema principal das súas creacións grazas ó empeño do seu compañeiro de vida, Manuel Jorge.

Esta mostra é o resultado do I Concurso Fotográfico Christina Snellman “Pedra Sacra” onde participaron máis de 70 obras de 33 autores con imaxes de templos de Chantada e a súa comarca. Os gañadores da edición son;

1000 euros para o 1º Premio en cor para “Un entorno privilexiado” de José Manuel Novoa Blanco.

1000 euros para o 1º Premio en braco e negro para a obra “Luces e sombras” de Manolo Méndez Blanco.

400 euros para o 2º Premio en cor para “As xentes do románico” de Miguel Gómez Muñíz.

400 euros para o 2º Premio en branco e negro para “San Pedro de Bembibre” de Roberto Mouriz Lamas.

Accesit de 100 euros cada un para as creacións en cor “O león e o touro” e “Un pouco de luz sobre pradeda” de José López Pérez e Rodrígo Fernández López respectivamente.

Accesit de 100 para cada unha das creación en branco e negro “Cuando las piedras hablan” e “Detalles” dos autores Mar Lóopez Sotelo e Raquel Lamas Santos.

 

ÚLTIMAS

O Pazo de Tor acolle este 13 de xullo o I Encontro de Boas Iniciativas Culturais

O Museo Pazo de Tor da Rede Museística Provincial e localizado en Monforte, acollerá...

Casa Moreiras e Viña Vella, mellores tinto e branco do 2025 na Cata de viños da Ribeira Sacra

O acto contou coa presenza da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, quen...

A Noite Meiga de Sarria estréase como ‘Festa de Interese Turístico de Galicia’

A Xunta de Galicia vén de anunciar que apoia a Noite Meiga de Sarria,...

II Festival dos Colados en Bolmente, Sober

Bolmente, no Concello de Sober, repite o seu Festival dos Colados, unha iniciativa que...