HomeCulturaReflexións sobre o tempo e o lugar no que vivimos

Reflexións sobre o tempo e o lugar no que vivimos

O Casino de Chantada acollerá o día 14 de setembro un encontro con Xosé Constenla Vela e David Rodríguez, autores de dous ensaios que obrigan a reflexionar sobre o territorio que habitamos e sobre o noso aquí e agora como pobo.

Publicado o

- Advertisement -

O ensaio de Xosé Constenla (Compostela 1980, Doutor en Xeografía e Historia, docente en diferentes universidades) titúlase O colapso territorial en Galiza”, ensaio galardoado co Premio Ramón Piñeiro de ensaio no ano 2017. O autor visitara Chantada en marzo para falar dos modelos de xestión do territorio, na secuencia da declaración BIC da Ribeira Sacra como paso previo a optar a ser declarada Patrimonio da Humanidade. Daquel encontro co autor saiu “Os indíxenas imos comer turismo” no que se recollen as alegacións de Por Chantada –  CUP ao expediente de declaración BIC da Ribeira Sacra.

David Rodríguez (Vigo 1975, autor de teatro radiofónico, poemarios e ensaios de carácter político socio-cultural) chega co traballoO canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega”  onde David Rodríguez reflexiona sobre o noso aquí e agora como pobo. Afondando na teima de traballos anteriores nos que ofrece a súa visión da interpretación que o pobo fai dunha realidade cada vez máss cambiante.

Por Chantada – CUP organiza esta actividade para mediados de setembro e nos convida a non ser alleos ao tempo e as circunstancias que vivimos.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...