HomeMovementos sociaisO Folión de carros en tractores?

O Folión de carros en tractores?

A Asociación Animalista Libera insta unha vez máis a suprimir o uso de animais no Folión, despois de que o día 25 se soltasen dúas reses ao inicio da celebración do evento.

Publicado o

- Advertisement -

A celebración do Folión de Carros deste ano comezou cun susto. Os animais que tiraban do primeiro carro participante soltáronse e escaparon cando ía comezar o desfile. O percance, no que resultaron feridos leves dous policías, fixo que se viviran momentos de tensión, pero sen ter que lamentar máis danos. Tamén provocou que o  inicio do desfile se retrasase unha hora.

A Asociación Animalista Libera cre que a situación vivida constata a necesidade de suprimir o uso de animais nesta actividade e sustituilos por tractores, como ten plantexado o colectivo noutras ocasións.

Segundo os animalistas para rememorar unha tradición histórica non é imprescindible usar animais e apostan por manter ditas tradicións, pero adaptándoas aos tempos actuais. Consideran inconcibible usar animais habendo alternartivas mecánicas como os tractores.

Libera califica de pantomima as pautas sobre benestar animal que a organización publica no marco dun suposto plan de autoprotección que entenden se evindenciou inútil. Desde a asociación pregúntanse que tería pasado se os bois saisen en estampida pola rúa principal de Chantada e volven a plantexar como alternativa o mecanizar os carros.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...