HomeCulturaUnha visión grunge da realidade

Unha visión grunge da realidade

O fotógrafo cubano Liván Jorge González Espinosa expón na casa da cultura de Chantada “A Grunge View”

Publicado o

- Advertisement -

“A Grunge View” pódese ver ata o 30 de setembro, de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 e os sábados de 11.00 a 14.00. Trátase duna mostra multiforme centrada na explotación contemporánea do poder creativo e plástico da arte da fotografía.

A fotografía que recolle Liván nesta mostra ten unha tendencia máis documentalista e aborda todo tipo de contido: desde a arquitectura ata unha protesta, manifestacións de expresión nunha realidade sociocultural.  A iconografía do cotiá revela que  “nada é o que parece ser… ” en alusións á mítica canción de Pearl Jam. Esa proposta expositiva recolle espazos arquetectónicos, reflexos e retratos para produndizar na xeometría da luz.

O “grunge” é unha das tantas perspectivas poéticas establecidas. Residual por ser inconformista ao tempo que clarividente, autodestrutiva, transformadora, irreverente. Todo elo vese reflexado nas cores rutilantes, nos tonos, as sustancias, a nitidez animal dos sentidos.

A mostra de Liván J. González preséntase como todo un referente de maestría na utilización da fotografía e a linguaxe visual. Cada obra contén unha mensaxe particular e propia, constituindo un concepto en sí mesma, pero tamén foma parte dun todo.

 

 

 

 

ÚLTIMAS

O Goberno inviste 3,2M€ na mellora da N-120 ao seu paso por Quiroga

Durante a visita, Olimpia López destacou que esta actuación forma parte do “esforzo inversor...

O programa Emega impulsou en Sarria 4 negocios liderados por mulleres

Coa convocatoria do programa Emega de emprendemento feminino correspondente ao 2025, a Consellería de...

Alberto Fidalgo acada outro 3º posto en Marcha Nórdica

O taboadés Alberto Fidalgo volve ser noticia tras alcanzar o terceiro posto no podio...

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...