HomesociedadeA Feira do Viño de Chantada xa ten datas

A Feira do Viño de Chantada xa ten datas

O encontro vitivinícola que chega á súa 39ª edición será os días 3, 4 e 5 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este pasado luns 21 de marzo, tras unha reunión entre responsables do Concello de Chantada e adegueiros, decidíanse as datas de celebración da Feira do Viño de Chantada para este 2022. Segundo sabemos, tras falar con Manuel Diéguez, concelleiro de cultura e tenente de Alcalde, a escolla de datas non foi doada. “En principio pensamos de facela a principios de maio pero estaba a de Pantón e a Festa da Cereixa en Belesar… fin de mes tampouco gustaba… e como para 9-12 de xuño temos xa o Arde Lucus, só nos quedaba a primeira fin de semana dese mes”, di Manuel. E así foi como fixaron os días 3, 4 e 5 de xuño para celebrala.

O formato será o tradicional, coas restricións que haxa que adoitar nese momento, o prazo para inscrición de adegas estará aberto do 23 de marzo ao 1 de abril e o programa completo darase a coñecer nas vindeiras semanas.

Manuel Diéguez insiste que este cambio é excepcional, manténdose para vindeiras edicións as datas tradicionais na segnda semana de marzo.

ÚLTIMAS

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...