HomeComarca de ChantadaChantadaComezan as Festas de Chantada

Comezan as Festas de Chantada

Este venres comeza a programación que se alongará ata o martes 30 de agosto. O sábado será o Folión de Carros e o 30 a Festa da Empanada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Comezan as Festas de Chantada e farano cunha gala moi especial pensada para os máis pequenos: “Legado do Tibu”. Será ás 19:00 h. con xogos e música na Praza de Santa Ana.

A partires das 22:30 h., a Praza do Pavillón Municipal acollerá unha gran noite de música cos concertos dos grupos locais Tiam GZ e Rastreros e unha sesión de DJs espectacular. Dende ás 00.00 h. pincharán Andy Grape, Dj Son1c, Marcos Magan, Dj David Expósito e a Disco movil IMPACTO.

TIAM Gz. Foto: Grupo

MÚSICA, FOLIÓN DE CARROS, FESTA DA EMPANADA, ORQUESTRAS…

O sábado 27 ademais de música tradicional con desfile de cabezudos, terá lugar o pregón a cargo do xornalista e profesor Luis González Tosar na Praza de Galicia despois do Folión de Carros. Rematará a noite co concerto de Treixadura.

Para o domingo 28 de agosto música de rúa e XXXI Certame de Bandas de Música na Praza do Cantón. Actuarán a Banda de Música de Chantada, a Banda Filarmónica de Lugo e a Agrupación Musical de Limia. Pola noite, verbena coas orquestras París de Noia e Tango.

O luns 29 máis música de rúa, actuación da Banda de Silleda, festa infantil con inchables e fogos artificiais. Pola noite, verbena con La Fórmula e Grupo Assia.

E como remate aos festexos, o martes 30 terá lugar a Festa da Empanada no Campo do San Lucas e pola noite fin de festa espectacular coas orquestras Panorama e Os Satélites.

ÚLTIMAS

Monforte recolleu 7.550 toneladas de lixo no 2025

A fracción do residuo clasificado como ‘resto’ é a de maior peso, con 6.680...

O PP de Monforte considera “un anuncio propagandístico” que Tomé comece agora a tramitación do PXOM

O PP de Monforte asegura que considera necesario o Plan Xeral de Ordenación Municipal...

Iniciativas do Xeoparque Montañas do Courel para impulsar a normalización do galego

Esta iniciativa, impulsada conxuntamente polos tres concellos que integran o Xeoparque —Ribas de Sil,...

CCOO e Esperta Monforte denuncian que o concello contratara a “unha empresa pantasma” para o servizo de limpeza dos colexios públicos

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO Lemos ve con preocupación que a...