HomeCulturaAs Fillas de Cassandra, Bratzantifa ou Chévere, entre as propostas do I...

As Fillas de Cassandra, Bratzantifa ou Chévere, entre as propostas do I Festival Polas Bravas de Chantada

Será o próximo 19 e 20 de maio

Publicado o

- Advertisement -

As Fillas de Cassandra, Bratzantifa ou Chévere son algunhas das propostas do Festival Polas Bravas, que se celebrará o próximo fin de semana (19 e 20 de maio) na localidade lucense de Chantada. Trátase dun evento gratuíto “de música e palabra”, organizado pola Asociación Polamiúda, que pretende congregar aos veciños e veciñas e á contorna con propostas culturais vangardistas feitas por “mulleres bravas galegas”.

O festival comezará o venres 19, ás 20,00 horas, no Mesón Mogay, coa actuación de ‘Noite’, que tocará algún dos seus temas orixinais e versións. Ás 21,30 será a quenda da actuación de Aldaolado, que presentarán o espectáculo ‘Sobre Sorpresa’.

A noite do venres concluirá ás 00,30 horas coa picada no Pub Lost do dúo de DJs Midori Hatta, que levarán unha sesión na que “combinarán éxitos coñecidos con xoias ocultas”. Xa no sábado, a festa comezará no parque Eloísa Rivadulla (Parque dous Pendellos) coa actuación ás 12,00 horas das artistas da Academia, unha escola de música tola. Ás 13,00 horas será a quenda de Nuria Vil co seu espectáculo de poesía escénica. Para acompañar a sesión vermú estará a DJ compostelá MeriWlson.

Ás 18,30 horas será o momento do teatro. O grupo Chévere interpretará ‘As Fillas Bravas’ no Auditorio Municipal de Chantada. Alí haberá tamén un servizo de animación e coidado para os máis pequenos durante toda a representación.

De volta ao parque Eloísa Rivadulla, ás 21,30 horas comezará a actuación das Fillas de Cassandra e ás 22,30 horas será a quenda de Bratzantifa. A terceira actuación da noite no parque correrá a cargo de Hydn. O peche a esta edición de Polas Bravas porao a partir das 00,45 horas a Dj local Lúa Desgracia.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...