HomeComarca de ChantadaChantadaNace na Ribeira Sacra un festival para 'desenchufarse'

Nace na Ribeira Sacra un festival para ‘desenchufarse’

Será este domingo 9 de xullo en Chantada e contará con artistas como Ce Orquestra Pantasma, Aziz e Ayoub, Paco Ledo, Ramon Gato, Judit e Diego Miudiño, Servando Barreiro e o Carballo con Botas.

Publicado o

- Advertisement -

Nace en Garabelos, Concello de Chantada, o ‘I Festival Desenchufado’. Faino dentro do Proxecto Cuco, Cultura contra o cambio Climatico-Cultura para coidar a Terra, como iniciativa que aposta polo decrecemento, sen cables, enchufes, bases sonoras, micros…. Unha proposta socio-cultural que xorde para combater a cultura do estrés e dos espectáculos multimedia e masificados que busca desenchufarse da contaminación, do ruído e das modas para enchufarse ao futuro dun xeito sostible e máis consciente.

No programa preséntanse a nove artistas da música, narración, circo, poesía que “encherán o bosque de Carballolandia (Garabelos / Chantada) de cultura a prol dun mundo para respirar”, comenta Anxo Moure, un dos promotores.

Ce Orquestra Pantasma, Aziz e Ayoub, Paco Ledo, Ramon Gato, Judit e Diego Miudiño, Servando Barreiro e o Carballo con Botas serán eses artistas que colaboran no I Festival Desenchufado a partir das 11:00 h. da mañá.

Colaboran na organización “Papaventos Educación Ambiental”, “Miudiño S.Cooperativa”, e “Proxecto Cuco”. Cada participante recibirá un manifesto en papel compostable con sementes para plantar.

ÚLTIMAS

Taller de Subvencións para Emprender e para Empresas Galegas, o 28 de xaneiro online

Durante o taller daranse a coñecer a subvencións para promover e apoiar ás persoas...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...