HomePolíticaFolgoso do Courel dá o primeiro paso para a construción da residencia...

Folgoso do Courel dá o primeiro paso para a construción da residencia e centro de día da terceira idade

O concello aprobou, en Xunta de Goberno deste venres 14 de xaneiro, a licenza municipal para a construción do centro asistencial que se fará no antigo colexio de Folgoso. A residencia terá capacidade para unhas 32 persoas e o centro de día, para 20.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Folgoso do Courel vén de poñer a ‘primeira pedra administrativa’ para favorecer a construción da residencia e centro de día da terceira idade. Fíxoo aprobando en Xunta de Goberno a licenza municipal que permite a obra no antigo colexio de Folgoso.

O informe xurídico da Secretaría precisa que a documentación que se achegou por parte da Deputación de Lugo “resulta suficiente para a tramitación e concesión da licenza municipal de obra, se ben o proxecto de execución referido deberá incluír, ademais da xustificación do cumprimento do condicionado da licenza, a xustificación do cumprimento do resto da normativa básica de aplicación non incluída no proxecto básico”.

O  investimento previsto para este proxecto ascende a 1,4 millóns de euros, dos que a Deputación achega 1,2 millóns e o concello os 200.000 euros restantes. A residencia terá capacidade para unhas 32 persoas e o centro de día para 20. A nova construción ocupará unha superficie de 780 metros cadrados.

Terreos para construír a residencia. Foto: Prensa de Folgoso do Courel.

PLENO MUNICIPAL PARA APROBAR A PRÓRROGA DO CONVENIO

No Pleno, celebrado na tarde deste 14 de xaneiro, quedou aprobada, como tamén fixo a institución provincial, a segunda addenda do Convenio interadministrativo de cooperación entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Folgoso do Courel para a execución dos fins comúns consistentes na construción da residencia e centro de día da terceira idade.

A addenda someteuse ao Pleno tras informar a Área de Promoción Económica e Social da Deputación da necesidade de aprobar unha segunda addenda, co obxecto de modificar as cláusulas terceira, sexta e sétima relativas ao prazo de execución e vixencia do convenio, ata o máximo do prazo permitido, salientando que a modificación proposta non altera as condicións esenciais do documento inicial do Convenio Interadministrativo.

No informe citado recóllese expresamente que “a non prórroga do mesmo implicaría deixar sen cumprir o obxectivo do Convenio, coa perda da creación dun servizo social comunitario de gran demanda na zona, e polo tanto, un gran prexuízo para a poboación da provincia de Lugo en xeral e da poboación do Concello de Folgoso do Courel, en particular, afectando aos intereses de ambas administracións locais”.

LOLA CASTRO AGRADECE A COLABORACIÓN DA DEPUTACIÓN E PÍDELLE AXILIDADE PARA COMEZAR AS OBRAS

Desde o Concello de Folgoso do Courel agardan que este trámite non supoña un novo retraso na construción do inmoble pois tiña que estar xa rematado en 2019. A alcaldesa, Lola Castro, agradece a colaboración da Deputación e pídelle “axilidade” no comezo das obras. “Agardamos que se poñan a traballar para poder licitar as obras canto antes”, resume a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...