HomesociedadeConcurso de Fotografía Xeoparque Montañas do Courel

Concurso de Fotografía Xeoparque Montañas do Courel

Poden participar todas as persoas que o desexen cun máximo de tres fotografías, impresas en papel fotográfico nun formato mínimo de 23×36 cm. Recóllense 3 premios.

Publicado o

- Advertisement -

Neste concurso poden participar todas as persoas que o desexen cun máximo de tres fotografías, que se enviarán impresas en papel fotográfico nun formato mínimo de 23×36 cm, ao Concello de Quiroga co formulario de inscrición que se pode recoller na Casa de Cultura ou descargalo no Facebook de Quiroga e da OMIX, aínda que tamén servirá enviar os datos do formulario nun folio. O prazo para presentar o traballos está aberto ata o 3 de xullo.

A dirección á que se enviarán é: I Concurso de Fotografía Xeoparque Montañas do Courel Concello de Quiroga. Rúa Real, 52. 27320 Quiroga.

Ademais da fotografía en papel fotográfico adxuntarase un arquivo coas mesmas fotos e o mesmo título de cada unha en formato JPEG ou TIFF ao correo electrónico concello.quiroga@eidolocal.es.

Entre todas as fotografías recibidas escolleranse as tres mellores que levarán un premio de 200 € a que se considera como gañadora,  un premio de 100€ a segunda clasificada e 50€ para a terceira clasificada. Con todas as fotografías enviadas realizarase unha exposición o día 25 de xullo, día de Galicia.

ÚLTIMAS

Taller de Subvencións para Emprender e para Empresas Galegas, o 28 de xaneiro online

Durante o taller daranse a coñecer a subvencións para promover e apoiar ás persoas...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...