HomeEconomíaQuiroga exalta o seu 'ouro líquido'

Quiroga exalta o seu ‘ouro líquido’

Este domingo 30 de maio terá lugar a XXI edición da 'Mostra do Aceite de Quiroga'. Como cada ano, o muíño de Bendilló, nas Farrapas, será o protagonista na recreación da moenda tradicional deste prezado produto autóctono.

Publicado o

- Advertisement -

O recinto feiral estará aberto dende as once e media da mañá ata as dúas do mediodía. Para poder acceder ao recinto da mostra e ao muíño poderase concertar cita previa, a través do teléfono 982 435125. A organización decidiu que en cada hora –duración que se estima de cada visita– non haxa máis de 200 persoas en todo o recinto feiral, polo que aínda que a entrada é libre, darase preferencia de entrada a aquelas persoas que concertaran cita previamente.

Este ano, para facilitar que os asistentes poidan ver a elaboración do aceite tradicional, controlarase o aforo de acceso ao muíño con preferencia para os que teñan reserva; e para coñecer doutro xeito o proceso, evitando tamén posibles aglomeracións, proxectarase na Capela das Farrapas un vídeo.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...