HomeComarca de QuirogaQuirogaQuiroga traballa xa na organización da Feira do Viño

Quiroga traballa xa na organización da Feira do Viño

Coincidindo, como é tradicional, coa Semana Santa, as datas do certame deste ano serán o 16 e o 17 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres 14 de xaneiro reuníase na casa consistorial a comisión organizadora da Feira do Viño nunha primeira toma de contacto antes de que cada subcomisión se encargue do seu cometido.

Segundo indican fontes do concello, as datas xa están marcadas: 16 e 17 de abril. Se todo vai ben de aquí á Semana Santa, festividade na que se emnarca tradicionalmente o evento vitivinícola quirogués, espérase volver celebrar co formato habitual o encontro anual cos viños quirogueses.

Por diante quedan máis xuntanzas para fixar prazos e requisitos de inscricións, para falar con colleiteiros, para pechar nomes de posibles pregoeiros e para organizar o resto de actividades que se inclúan na programación.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...