HomeComarca de QuirogaQuirogaCredencial do Peregrino para fomentar o Camiño de Inverno dende Quiroga

Credencial do Peregrino para fomentar o Camiño de Inverno dende Quiroga

A Oficina de Turismo de Quiroga conta coa Credencial oficial do peregrino, tarxeta precisa para que todos os peregrinos e peregrinas leven os selos dos lugares polos que pasan no seu camiño a Santiago. Un dos obxectivos desta iniciativa é fomentar o comezo do Camiño de Inverno dende esta localidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Oficina de Turismo de Quiroga conta xa coa Credencial oficial do peregrino, unha tarxeta que fai posible que os peregrinos e peregrinas poidan obter os selos dos lugares polos que pasan ata chegar a Santiago de Compostela.

Esta credencial debidamente selada é precisa  para recibir a coñecida “Compostela“, o documento oficial que os acredita como peregrinos dunha das rutas xacobeas que fixeran xa sexa a pe, en bicicleta ou a cabalo e cun percorrido mínimo de 100 quilómetros.

O Camiño de Inverno ten dende o Concello de Quiroga ata a Catedral de Santiago 170 quilómetros, feito que fai posible que a peregrinación dende este municipio cumpra o requisito devandito para poder recibir a “Compostela”.

FOMENTAR O CAMIÑO DE INVERNO DENDE QUIROGA

Dende o Concello de Quiroga sinalan que a adquisición das credenciais fíxose co obxectivo de fomentar que a xente da comarca se anime a facer o Camiño de Inverno, pero non só iso, a Oficina de Turismo terá a disposición dos camiñantes diverso material como: guías de información, pasaportes do peregrino e numerosas publicacións sobre esta ruta xacobea.

Ademais, o municipio conta cun selo propio do Camiño no que están reflectidos aqueles lugares máis emblemáticos polos que pasa a ruta de inverno e tamén unha pequena sala de lectura na que se poden consultar publicacións relacionadas con este itinerario.

Este punto de información está adherido ao programa de vixilancia contra las violencias machistas nos Camiños de Santiago, polo que ofrecen información específica para que as peregrinas saiban que recursos teñen en caso de sufrir algunha agresión ou para comunicar en tempo real ás forzas de seguridade calquera tipo de aviso de emerxencia. 

ÚLTIMAS

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...