HomesociedadeO 'Qui-Roma' quenta motores cun concerto no centro da vila

O ‘Qui-Roma’ quenta motores cun concerto no centro da vila

O sábado 19 Quiroga recreará os tempos do Imperio Romano cunha chea de actividades para todos os públicos. Como previo, este venres ás 23:00 h. haberá un concerto de pop-rock na Praza da Rúa Lago a cargo da banda monfortina Deloreans.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un ano máis, a Asociación Cultural Qui-Roma organiza un evento que convirte a Quiroga nunha festa romana ‘non stop’ dende as 9:30 da mañá do sábado 19 ata a madrugada do domingo 20.

Falamos do ‘Qui-Roma’, un evento que chega este ano á súa VIII edición cunha chea de actividades variadas e para todos os públicos con protagonismo especial para a recreación do mundo romano e na que o epicentro será a Praza do Auditorio.

Como novidade desta edición, este venres 18 ás 23:00 h. organizan un concerto de pop-rock na Praza da Rúa Lago a cargo do grupo de Monforte Deloreans, unha banda que vén de participar no programa das Festas Patronais de Monforte con notable éxito.

DELOREANS

Banda monfortina nacida no ano 2020 que versiona aos clásicos da música en español desde os 80-90 ata os nosos días. No que respecta ao repertorio, este é amplo e variado destacando a fusión de estilos como o rock, pop, indie… Nos seus concertos pódense escoitar clásicos de grupos como Los Secretos, M-Clan, Fito, Radio Futura, Los Ronaldos e outros.

Deloreans. Foto cedida polo grupo.

PROGRAMA QUI-ROMA

O sábado 19 ás 9:30 h. comeza a programación cunha ruta de cabalos e ás 11:00 h. abrirase o Mercado Qui-Romano na Praza do Auditorio. Nese espazo haberá xa obradoiros para a cativada e música a cargo dos gaiteiros ‘Os Palletas’.

Os Palletas duante o desfile dunha edición anterior do Qui-Roma. Foto: Qui-Roma.

O primeiro desfile romano será ás 11:30 h. a cargo da Guardia Romana Lucus Equites e percorrerá a Rúa Real de punta a punta. Rematado o percorrido, e xa de volta, farán unha demostración na Praza do Auditorio ás 12:45 h.

Ás 13:00 h. amenizará unha sesión vermú o duo ‘Dos en Punto’ e a continuación terá lugar o ‘Comilonium’ con polbo e churrasco.

Pola tarde, entre as 16:30 e 18:00 h. xogos de auga para os máis pequenos e pequenas e ás 18:00 h. obradoiro de macramé. Ademais dos xogos de auga tamén poderán participar nunha actividade de formación para ‘pequenos gladiadores’.

Ás 19:00 h. será o 2º desfile da Guardia Romana Lucus Equites e ás 19:00 h. haberá un espectáculo de clow para público familiar con Arturo Cobas no anfiteatro.

A partir das 20:30 h. poderase ver un ano máis a Mario Nogueira cos seus bois formando parte do desfile “Arde-Loucos” pola Rúa Real.

Bois de Mario Nogueira. Foto: Qui-Roma.

Como remate, xa pola noite, espectáculo de recreación de loita de gladiadores contra castrexos no anfiteatro, paellada e música a cargo de varios DJ. Para a 1:30 h. da madrugada está programado un ‘Gran Sorteo’.

Ao longo da xornada haberá tamén demostración de artesanía con gancho e traballos de aramio, así como a posibilidade de ver de preto os bois de Mario Nogueira.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...