HomesociedadeO aceite quirogués, presente un ano máis en 'La Vuelta'

O aceite quirogués, presente un ano máis en ‘La Vuelta’

Farao dentro do stand que baixo o lema "... E para comer Lugo" presenta a Asociación de Hostalaría da Provincia de Lugo (APEHL).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O aceite de Quiroga acompañará novamente á volta ciclista a España formando parte do stand “…E para comer, Lugo” que a Asociación de Hostalaría da Provincia de Lugo (APEHL) coloca na zona vip de todas as saídas de etapa da volta ciclista. Así se presentou na Oficina de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo nun acto ao que tamén acudía o alcalde de Quiroga, José Luís Rivera.

A volta ciclista arrincará o 17 de agosto en Portugal, onde desenvolverá as tres primeiras etapas. Este ano ‘La Vuelta’ terá numerosas etapas no norte peninsular, con catro etapas en terras galegas. En total os ciclistas disputarán 21 etapas que os levará a percorrer unha distancia de 3265 quilómetros ata o seu remate o 8 de setembro. Para aqueles que a queiran ver de preto, lembrar que o 29 de agosto a gran serpe multicolor pasará por San Xoán de Río e A Pobra de Trives.

Esta é a quinta vez que o aceite de Quiroga participa nesta promoción turística que fai a asociación de hostalería da provincia dende hai doce anos e na que participan unha vintena de produtos presentados por distintos consellos reguladores da provincia entre os que destacan dentro da zona da Ribeira Sacra, o viño, as galletas Mariñeiras de Chantada e o aceite quirogués.

Será o propio persoal da Asociación quen atenderá aos asistentes e, a maiores de servir aperitivos elaborados con produtos da terra, difundirá exemplares da última edición da guía turístico gastronómica “…E para comer, Lugo”.

ÚLTIMAS

A ‘Romaría da Ermida’ xa é Ben de Interese Cultural

A nova de declarar Ben de Interese Cutural á 'Romaría da Ermida' chega no...

Queres participar nunha curta que se rodará do 22 ao 27 de setembro en Rosende?

La Plantación. Encuentros y Conocimiento organiza do 20 ao 29 de setembro un obradoiro...

A CIG Saúde reclama a apertura inmediata da Planta de Medicina Interna no Hospital de Monforte

A CIG Saúde asegura que a suspensión dos quirófanos débese á falta de cama...

​O monfortino Lucas Pavón Sanmartín, subcampión de España de pesca

O Club Pesca Río Cabe vén de colleitar un gran éxito nacional e reafirma...