HomesociedadeVIII Xornada Castañeira desde a tarde deste 2 de novembro en Anguieiros,...

VIII Xornada Castañeira desde a tarde deste 2 de novembro en Anguieiros, Quiroga

Esta VIII Xornada Castañeira desenvolverase este 2 de novembro desde as 17:00h en Anguieiros, parroquia de Montefurado no Concello de Quiroga. Para o domingo, día 3, programan camiñada divulgativa na contorna do Túnel de Montefurado

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ‘Xornada Castañeira’, un encontro para socializar poñendo en valor a celebración comunitaria do Magosto no que non faltarán as castañas asadas, con empanada, viño e sobremesas. “Tamén pretende ofrecer a interacción da rapazada coa elaboración de cabazas de Samaín, e as visitas a caniceiras que aínda se conservan na aldea dos Anguieiros. Eses lugares onde antigamente se secaban as castañas ao calor das cociñas baixas ou lareiras”, apuntan desde a asociación organizadora, Boca do Monte.

Comezarase ás 17:00h co obradoiro de Cabazas de Samaín e visitas ás caniceiras. As 20:00h empezarase a facer lume para asar as castañas e a partir das 21:00 h. merenda-cea e castañas asadas con sobremesas, viño e licores. A continuación foliada co grupo tradicional O Recanto.

Xornada Castañeira / Boca do Monte

E este ano incorporan unha interesante camiñada divulgativa na contorna do Túnel de Montefurado. Será o domingo 3 con saída ás 10:00 h. dende a aldea dos Anguieiros e volta ao mesmo lugar sobre as 13:00 h. despois do roteiro pola antiga canle deste monumento natural único que lembra o pasado aurífero da zona. O guía será o xeólogo Óscar Pazos, autor do libro  “A invención da Gallaecia e a minaría do ouro” (Aterra Libros 2023).

Colaboran coa Asoc. Boca do Monte, o Concello de Quiroga e a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...