HomeEconomíaRibeira Sacra agarda a "mellor colleita" da súa historia

Ribeira Sacra agarda a “mellor colleita” da súa historia

Publicado o

- Advertisement -

O presidente do Consello Regulador Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, confirmou que a Denominación de Orixe encamíñase cara a mellor ou “unha das maiores colleitas da súa historia”, dado que se dá por feito que se cumprirán as previsións iniciais e se chegarán aos sete millóns de quilos aproximadamente.

En declaracións a Efe, Rodríguez recoñeceu que este “é un ano para estar contentos” na denominación de orixe porque “as condicións axudaron moito” para que a colleita sexa excelente, dado que non houbo que lamentar ningunha incidencia, máis aló duns cantos ataques puntuais de fungos como o ‘black rot’, rapidamente controlados polos viticultores.

“Fai un par de anos que queriamos chegar a unha colleita próxima ao sete millóns de quilos de uvas”, precisou Rodríguez, porque as adegas necesitan esa cantidade para satisfacer a demanda dos seus clientes, pero “até agora non foi posible, polas xeadas, polo pedrisco ou polo mildiu”.

Con todo, nesta ocasión, o “tempo axudou, a climatoloxía mostrouse benigna e a uva que está a entrar nas adegas está sa”. Con data 6 de octubre lévanse recollido 6.874.826 quilos de uva, pero aínda hai produtores que seguen coa vendima. Das 96 adegas que vendiman ao amparo da D.O. nesta campaña, 29 aínda están cos traballos de recollida.

ÚLTIMAS

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...