HomeComarca de QuirogaRibas de SilComezan as Festas Patronais de San Clodio, en Ribas de Sil

Comezan as Festas Patronais de San Clodio, en Ribas de Sil

Os días grandes serán o 14, 15 e 16 de agosto aínda que os días 12 e 13 haberá xa interesantes actividades na Praia Fluvial. O venres terá lugar o III Rock & Viño.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A capitalidade de Ribas de Sil, San Clodio, comeza este mércores, 12 de agosto, unha semana grande de propostas de lecer para todos os públicos co gallo da celebración das súas Festas Patronais.

Na previa aos días grandes, o día 12 o Concello de Ribas de Sil repartirá gafas e folletos para prepararse para a chegada da eclipse. Será ás 19:00 h no anfiteatro da Praia Fluvial. A continuación, e cando teña rematado o fenómeno astronómico, haberá un concerto do grupo Os Piñeiros.

Para o xoves 13 de agosto está programada pola mañá unha xornada de portas abertas no Pazo de la Cuesta ás 11:00 h Tamén pola mañá, dende as 11:30 h a cativada poderá gozar de inchables e circuíto de Karts na Praia Fluvial. Neste mesmo escenario, pola tarde tamén haberá diferentes inchables ata as 19:30 h e a continuación minimerenda saudable para todas e todos os participantes. E sobre as 20:00 h actuación de maxia a cargo de Mago Deimi no anfiteatro.

Inchables na área recreativa da Praia Fluvial. Fonte: Concello de Ribas de Sil
III ROCK & VIÑO E FIN DE SEMANA

O venres 14 o viño, a gastronomía e a música serán os protagonistas. Ás 10:30 h hai programada unha ‘Cata de viño por parellas’ (10€ por parella) e ás 21:00 h. comezará na Praia Fluvial a 3ª edición do Rock & Viño. Este último evento busca poñer en valor o viño e os produtos típicos ao tempo que o público goza de interesantes concertos e propostas musicais. A degustación de produtos será de balde e a cargo de AGACAL (Axencia Galega de Calidades Alimentarias).

Ambiente Rock & Viño (arquivo). Foto: Concello de Ribas de Sil.

Para a edición deste ano, ademais da ambientación de tarde do grupo tradicional O Recanto, están programados os seguintes artistas e grupos: Gargantúa, Alberto Nelli, Cubo Metálico e DJ Dani Daniel.

Chegada a fin de semana, o sábado 15 haberá un pasarrúas a cargo do grupo de gaitas ‘Brabán Gaiteiros’ ás 12:00 h e procesión e misa a partir das 13:00 h.

Pola noite actuación da banda EGS ARS NOVA ás 22:30 h. dentro do programa Tradigalu da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a continuación festa e verbena co Grupo PK2.

Como remate, o domingo 16 ás 10:00 h será a XXX Subida Ciclista a Torbeo e pola tarde ás 20h haberá un espectáculo para a cativada co Dúo Chuches a Mil na Praia Fluvial.

Pola noite, chourizada na Praza do Concello ás 21:30 h e Festa e verbena coa orquestra Florida Band ás 22:00 h.

Fin de festa cos tradicionais Fogos Artificiais na Praia Fluvial.

ÚLTIMAS

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do...

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...