HomePolíticaBalseiro respóndelle a alcaldesa de Sarria polas acusacións vertidas no tocante á...

Balseiro respóndelle a alcaldesa de Sarria polas acusacións vertidas no tocante á súa actuación

As desputas entre os diferentes partidos políticos adoitan ser frecuentes no tocante ós investimentos que realizan cada un deles nos concellos.

Publicado o

- Advertisement -

José Manuel Balseiro manifestou que a Xunta de Galicia lle requerira á alcaldesa de Sarria o 14 de febreiro que completase a solicitude da RISGA para que dez veciños da localidade fosen contratados durante sete meses cunha axuda da administración e, sen embargo, nos dez días que había de prazo non o fixo provocando a perda da axuda.

Por outra banda, o delegado provincial da Xunta de Galicia tamén salienta que se amosa sorprendido pola reacción de Pilar López Yáñez pois “en lugar de felicitarse, parece molesta polos investimentos que a administración autonómica realiza en beneficio da veciñanza deste municipio”. Segundo as súas declaracións, “a alcaldesa confúndese posto que o “Plambe” non son gastos correntes, senón investimentos reais que ela mesma puido comprobar porque estaba convidada á visita e non se presentou no IES Gregorio Fernández”.

Como xa informamos no XdL, Pilar López Yáñez dixo de Balseiro que “visita os centros educativos nos que fan actuacións como se fosen grandes logros cando en realidade son traballos que teñen que facer por lei”.

 

ÚLTIMAS

A AAVV do Saviñao denuncia un vertedoiro ilegal na Lama de Escairón

Aseguran que fai máis dun ano que a área pública, localizada na Lama de...

Monforte renova as luminarias dos semáforos e instala dispositivos sonoros nos pasos de peóns

A Xunta de Goberno Local do pasado 29 de decembro aprobou a adxudicación de...

O BNG de Monforte solicita a nulidade do acordo plenario na moción que pedía a dimisión de Tomé

Desde o BNG lembran que a decisión de votar unha moción por puntos corresponde...