HomeComarca de SarriaSarriaO TSXG denega a construción de catro vivendas en Sarria por afectar...

O TSXG denega a construción de catro vivendas en Sarria por afectar ao Camiño de Santiago

O TSXG conclúe que existe "unha dobre protección: a derivada do Camiño de Santiago e a derivada da localización do mosteiro".

Publicado o

- Advertisement -

A sección segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou conceder a unha empresa autorización para construír catro vivendas unifamiliares encostadas en Sarria ao considerar que están proxectadas dentro do territorio histórico do Camiño de Santiago, declarado Ben de Interese Cultural, así como dentro do Convento da Mercé ou mosteiro da Magdalena, ben catalogado.

Segundo informa o TSXG, o tribunal subliña na sentenza que a parcela se atopa “dentro dos propios bens, non na contorna de protección do ben catalogado, nin na zona de respecto ou amortiguamento do Camiño de Santiago”.

Os xuíces avalan, por tanto, a decisión da Xunta de non autorizar a construción das casas. Así, indican no fallo que, tal e como expuxo a arquitecta autonómica, “o elemento protexido non só é a edificación, senón tamén o terreo asociado á mesma”, á vez que advirten que “non é posible a construción de vivendas encostadas na leira dun convento”.

O TSXG conclúe que existe “unha dobre protección: a derivada do Camiño de Santiago e a derivada da localización do mosteiro”. Ademais, asegura que as casas “limitan e desfiguran a contemplación das perspectivas do conxunto urbano e das súas características históricas, alterando e danando gravemente a esencial configuración do ben e do territorio histórico do Camiño Francés“.

Ha de ser respectado a paisaxe urbana e o patrimonio arquitectónico e cultural, e non consta a autorización das obras de 2004 e 2007, de forma que non basta co cumprimento das normas urbanísticas para considerar que sexan obras compatibles co Patrimonio Cultural, ao ser ámbitos competenciais distintos”, destaca o alto tribunal.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...

O PP anuncia no Parlamento que a Xunta investirá 30M€ no Hospital de Monforte, mentres o BNG reclama solucións ás listas de espera

A iniciativa nacionalista demandaba garantir a cobertura completa de prazas nos servizos con maiores...