HomeComarca de SarriaSamosInvestigado por poñer cebos envelenados en Samos

Investigado por poñer cebos envelenados en Samos

A Garda Civil utilizou un can especializado en detención de rastros para dar co investigado.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Samos como suposto autor dun delito de malos tratos animais e outro relativo á protección da flora e fauna silvestre debido á colocación de cebos envelenados.

Fontes da Benemérita detallaron que os feitos tiveron lugar a principios do pasado mes, cando se localizaron e recolleron mostras dun cebo envelenado nunha pequena aldea de carácter rural e con libre acceso da fauna salvaxe e outros animais domésticos á zona.

Así, considerouse a posibilidade de que puidesen existir outros cebos envelenados na zona que puidesen afectar á fauna silvestre, polo que se estableceu unha inspección cun cánido especialista na detección de velenos.

Deste xeito, as investigacións permitiron localizar outro cebo nas proximidades do domicilio dun home e descubriuse que contaba con outras sustancias e elementos que podían estar relacionadas cos feitos.

Por iso, tras recoller as mostras e realizar as correspondentes análises toxicolóxicas, confirmouse que as sustancias utilizadas nos cebos se correspondían coas que gardaba este home. Finalmente, o home investigado foi posto a disposición do Xulgado número 1 de Instrución de Sarria . Así mesmo, un axente da Consellería de Medio Ambiente colaborou coa Garda Civil e este organismo xestionou as análises toxicolóxicas levados a cabo.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...