HomeComarca de SarriaSobreseída a causa contra o alcalde de Láncara, acusado de acoso a...

Sobreseída a causa contra o alcalde de Láncara, acusado de acoso a unha traballadora do SAF

Publicado o

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución Nº1 de Sarria decretou o sobresemento provisional da causa aberta contra, entre outros, o alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, por un presunto delito de acoso cara a unha traballadora do Servizo de Axuda non Fogar (SAF).

Tal e como se recolle no auto, considera a xuíza que “non aparece debidamente xustificada a perpetración do delito que deu motivo á formación da causa”. Co sobresemento, arquívanse as actuacións. A vítima ten agora tres días desde a notificación do sobresemento para impugnala, mediante a interposición dun recurso de reforma e subsidiario de apelación.

En xuño de 2022, transcendía que unha traballadora do SAF denunciara ao alcalde do municipio e a outro traballador do Concello por uns feitos que terían lugar en maio, cando a muller colleu unha baixa laboral. A partir dese momento, denunciou, o alcalde e/ou outros empregados municipais comezaron a seguila, mesmo ao Ceip da Pobra de San Xiao, onde colabora co servizo de comedor.

O alcalde facía público entón un comunicado no que aseguraba que dada a situación de baixa da muller dun servizo que “se sufraga con fondos públicos”, “tratou de pescudar, como é a súa responsabilidade”, se a súa colaboración no comedor escolar supuña unha “irregularidade”, pero asegura que a denuncia “era completamente falsa”.

O rexedor compartía ademais publicamente algúns datos da comparecencia ante a Garda Civil dun dos empregados municipais acusados pola traballadora para “presentar probas” de que o día dos feitos estaba en Sanxenxo (Pontevedra) xunto á súa familia. O empregado achegou a factura dun hotel e unha captura de Google Maps na que se mostra parte do seu percorrido o día de autos.

ÚLTIMAS

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...