HomeSucesosTres detidos por unha agresión sexual en grupo en Sarria

Tres detidos por unha agresión sexual en grupo en Sarria

Publicado o

- Advertisement -

Tres homes foron detidos por unha suposta agresión sexual en grupo en Sarria. Foi en relación a uns feitos producidos en setembro nun local de lecer do municipio, segundo informaron fontes próximas ao caso consultadas por Europa Press.

Desde o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) explicaron que pasaron onte martes, pola tarde-noite, a disposición do xulgado de Sarria. Para dous deles acordouse prisión provisional comunicada e sen fianza. A un considéraselle autor dun delito de agresión sexual, cooperador necesario para a comisión doutros e relevación de segredos.

Para o terceiro, o xulgado decretou liberdade con prohibición de comunicarse ou achegarse ao denunciante, retirada do pasaporte ou prohibición de saír do territorio nacional. Tamén se fixaron comparecencias quincenais e, no seu caso, está investigado como cooperador necesario.

A causa por estes feitos, precisaron desde o alto tribunal galego, séguese por delitos de agresión sexual, ameazas e revelación de segredos.

ÚLTIMAS

Sanidade mantén oito semanas de vixilancia na residencia de Monforte tras o gromo de sarna

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, explicou que a Dirección Xeral de Saúde...

4 Grandes Medallas de Ouro e 14 Ouros para a D.O. Ribeira Sacra no Mondial des Vins Extremes

O certame que se celebra no Val de Aosta, Italia, é un dos principais...

O BNG de Monforte recolle case 200 alegacións en dúas horas contra a ponte do Malecón

Desde a formación nacionalista repartíronse folletos con planos, medidas e datos técnicos extraídos do...

O 13 de setembro ás 12:00 “Monforte en Marcha contra o Cancro”

A V edición de “Monforte en Marcha Contra o Cancro” pretende fomentar a práctica...