HomeCulturaOs coches clásicos chegan ao Incio

Os coches clásicos chegan ao Incio

Unha oportunidade para ver por estas terras coches de época de marcas como Ferrari, Maserati, Alfa Romeo, Aston Martin, Jaguar, Porsche ou Mercedes.

Publicado o

- Advertisement -

O VI Rally Turístico Terras do Incio reunirá 25 coches clásicos de España, Portugal e Bélxica entre os días 4 e 9 e xullo e percorrerán toda a provincia.

Vidal Baamonde, Deputado de Turismo, resaltou que, “a celebración deste rally é unha oportunidade para que os 25 participantes coñezan Lugo dunha forma distinta. Percorrendo a nosa xeografía e coñecendo o noso importante patrimonio turístico nun evento que se vai convertendo en referencia dentro da nosa provincia”.

o rally

Este ano o VI Rally Terras do Incio contará cun día máis. O percorrido comezará en Astorga continuando polo Barco de Valdeorras, Lugo, O Incio, Ribadeo, Taramundi, Oviedo e finalizará en Las Caldas. Dentro deste percorrido incluiranse actividades complementarias de tipo cultural como poden ser visitas ó casco histórico de Lugo, o embalse de Vilasouto, o Castro de Viladonga, o Aeródromo das Rozas, a Praia das Catedrais ou a Festa Indiana de Ribadeo, ademias de diversos miradores e lugares de gran fermosura. Tamén haberá comidas e actuacións musicais nas que os condutores de marcas tales como Ferrari, Maserati, Alfa Romeo, Aston Martin, Jaguar, Porsche e Mercedes poderán participar.

 

ÚLTIMAS

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...