HomeComarca de SarriaO IncioBillarda e concertos de alto nivel para celebrar os 20 anos do...

Billarda e concertos de alto nivel para celebrar os 20 anos do Terra Brava

Despois da xornada previa do venres 25, con obradoiros infantís e a música dos Sabugueiros de Trascastro na Praza do Incio, este sábado 26 é o día grande deste senlleiro festival do Incio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O festival ‘Terra Brava’ do Incio chega aos 20 anos e faino cun cartel moi interesante no que se poden atopar proxectos locais, bandas consagradas, propostas emerxentes e un grupo que achegará ao Incio música fusión de música tradicional do norte de Marrocos con outros xéneros.

A xornada deste día grande, 26 de agosto, comezará cunha sesión vermú ás 13:30 h. a cargo da Charanga Louband e un xantar popular a continuación. Este mesmo grupo volverá a actuar entre as 17:00 e as 18:00 h.

A partir das 18:00 h. terá lugar un ‘Aberto de Billarda’ para adultos/as e nenos/as puntuable para a liga nacional de billarda de verán e con importantes premios para os mellores consistentes en produtos de alimentación derivados do porco e do porco celta.

CONCERTOS

Comezarán a partir das 21:30 h. coa actuación de Xerezade, “un grupo local con integrantes da Terra Brava e da Guimaralia que está a argallar o seu primeiro traballo mesturando diversos estilos bebendo da tradición e con moita gana de festa”, comentan dende a organización.

A continuación será a quenda de Fillas de Cassandra, Dakidarria e Tandub, un proxecto este último que fusiona a música tradicional Gnawa (Norte de Marrocos, Tánxer) con outros xéneros como o reggae, o drum & bass ou a música electrónica. “Mesturando instrumentos clásicos da banda, electrónica e instrumentos tradicionais marroquís como o hajhouj ou as carcabas, conseguen un son que non deixa indiferente a ninguén”, explican tamén dende o festival. Como achega novidosa á actuación, cómpre saber que como complemento artístico durante os concertos un dos cantantes realiza unha pintura en directo.

Grupo Tandub. Foto cedida polo festival.

O remate poñerao o DJ Elias Vieira a partir das 3:45 h. da madrugada.

Colaboran na organización a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o Concello do Incio e a Asoc. As Xeitosas, Caixa Rural e a Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...