HomePolíticaTodo polo Páramo intégrase no PP, que levará como candidato na localidade...

Todo polo Páramo intégrase no PP, que levará como candidato na localidade lucense ao actual alcalde independente

O municipio do Páramo pertence ao partido xudicial de Lugo, polo que os votos poderían ser decisivos para o PP na Deputación

Publicado o

- Advertisement -

O PP provincial de Lugo confirmou que Todo polo Páramo, que naceu en 2019 para presentarse ás pasadas eleccións municipais e logrou entón ser o partido máis votado e facerse coa Alcaldía, que dirixe José Luís López, integrouse nas súas filas.

Así mesmo, trasladou que José Luís López será o candidato popular á Alcaldía da localidade lucense na próxima cita coas urnas do 28 de maio. En relación aos actuais edís do PP no Páramo, a dirección provincial traslada están “de acordo” coa integración.

Do mesmo, remárcase que manterán ata o final do mandato as súas actas como edís do Grupo Municipal Popular. O municipio do Páramo pertence ao partido xudicial de Lugo, polo que os votos poderían ser decisivos para o PP na Deputación.

ÚLTIMAS

30.000 euros para o fomento da lectura nas bibliotecas de Lugo

Na Zona Sur foron beneficiarios de axudas para contratación de actividades a través do...

Comeza o reforzo do muro que permitirá reabrir a LU-P-1801 entre Os Peares e Chantada

A Deputación de Lugo está xa a reforzar o muro de sostemento que permitirá...

Quiroga celebra en maio o “Mes das Nosas Letras”

Tras o certame de narración e debuxo que está en marcha ata o día...

A revista científica Geoheritage vén de publicar un artigo sobre a ‘Pedra Cabaleira’, presente no territorio do Xeoparque

A valorización e difusión do patrimonio xeolóxico do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do...