HomeCulturaCampos de Batalla, o segundo libro da lucense Sonia Arias

Campos de Batalla, o segundo libro da lucense Sonia Arias

Publicado o

- Advertisement -

O segundo libro de Sonia Arias, Campos de Batalla, foi presentado o día 4 de xullo no Pazo de San Marcos de Lugo. Nete libro reúnense varios relatos e poemas nos que a autora busca innovar e el pódese apreciar unha maior seguridade e madurez tras o éxito da súa primeira obra, que lle deu a oportunidade de facer un ano despois unha segunda publicación.

O libro, publicado pola editorial Angels Fortune, é o segundo escrito pola veciña de Paradela no que destaca que “é un libro feito cunha maior seguridade en min mesma e madurez que no caso do primeiro aínda que unha vez máis emprego a prosa poética xa que permíteme escribir dunha forma máis natural pero sen perder a capacidade de transmitir sentimentos”.

A Deputada de Promoción Social, Sonsoles Izquierdo declara que “o orgullo que é para Paradela e a provincia de Lugo ter entre nós unha creadora que pouco a pouco vai labrándose un pequeno oco no basto mundo da literatura grazas á súa forma sincera e clara de transmitir”.

 

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...