HomesociedadeDetectado un positivo por coronavirus nunha residencia de Paradela

Detectado un positivo por coronavirus nunha residencia de Paradela

Trátase dun traballador da residencia.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Política Social informa dun segundo contaxio activo por coronavirus entre o persoal das residencias de maiores de Galicia, concretamente do xeriátrico de Paradela, que se suma ao dun empregado de San Bartolomeu (Xove).

O pasado día 22 foi o único no que a Xunta deu oficialmente libres da COVID-19 ás residencias en Galicia tras recibir o alta unha traballadora de Burela, pois ás 24 horas deu conta do citado contaxio en Xove. O saldo mortal da pandemia nestes centros é de 274 persoas falecidas.

A finais de abril, os contaxios activos nos xeriátricos pasaron con folgura o milleiro de casos e a Xunta decidiu intervir a xestión en tres deles: DomusVi Cangas, DomusVi Barreiro (Vigo) e O Barco.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...