HomeMedio ambiente e PatrimonioOs veciños do monte Oribio queren o parque eólico xa

Os veciños do monte Oribio queren o parque eólico xa

Cren que "a instalación é respectuosa coa contorna, cos patrimonios ambientais e culturais" e que "xeraría riqueza" na zona.

Publicado o

- Advertisement -

Case un centenar de persoas manifestáronse este mércores en Samos para defender o desbloqueo da construción do parque eólico do monte Oribio, segundo unha agrupación de veciños da localidade.

A berro de ‘queremos parque eólico xa’, veciños das localidades luguesas de Samos e Triacastela protestaron para denunciar que ademais de non acabar a instalación, o parón causou “unha crecente inquietude” entre a veciñanza.

Esta manifestación celebrouse dous días despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) suspendese provisionalmente o acordo aprobado polo Consello da Xunta do 27 de xuño de 2019 polo que se aprobou a modificación do proxecto sectorial do parque eólico Serra do Oribio, zona especial de conservación (ZEC) Os Ancares-Courel.

En concreto, o alto tribunal galego suspendeu o acordo e as súas disposicións normativas “mentres non se actualice a declaración de impacto ambiental (DIA) do ano 2005 e se xustifique a prevalencia do uso industrial que afecta a valores ambientais, paisaxísticos, forestais e culturais”.

Pola súa banda, os manifestantes piden que “non se poñan máis trabas á finalización dunhas obras” que permitirían “a dinamización económica da zona”, segundo aseguran.

Destacaron que non comparten as “opinións contrarias ao parque” e cren que “a instalación é respectuosa coa contorna, cos patrimonios ambientais e culturais”. Ao seu xuízo, a instalación crearía “postos de emprego, riqueza” e a “mellora das infraestruturas” de Samos e Triacastela.

DECLARACIÓNS ALCALDE

Desde o goberno local, o alcalde de Samos, Julio Gallego (PSOE), cuestionou os criterios da declaración de rede natura nesa contorna, segundo a agrupación de veciños do monte Oribio.

Gallego tamén mostrou o seu apoio e “compromiso” cos veciños, o seu “malestar” pola situación e pediu que se atendan as demandas do pobo para que o parque poida “xerar riqueza” e “obter enerxía limpa e renovable”.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...