HomesociedadeVÍDEO: A EEI de Sarria contra a violencia

VÍDEO: A EEI de Sarria contra a violencia

Os pequenos e pequenas da Escola de Educación Infantil de Sarria ensínannos os 'superpoderes' que desexan nun simpático vídeo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Escola de Educación Infantil de Sarria conmemorou o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller gravando un simpático vídeo no que pequenas e pequenos son as/os auténticos protagonistas.

Na peza audiovisual, baixo o título de “A escola dos superpoderes”, amósannos diferentes ‘superpoderes’ que nos poden axudar a eliminar as violencias e alcanzar un mundo mellor.

O vídeo remata cun desexo común “Xuntas acabaremos coas violencias, únete co teu superpoder”.

Cedido para divulgar polo EEI de Sarria

E falando de superpoderes, preguntámoslle a Iván Tourón, o director da escola, como levan o curso. “De momento todo vai ben, fomos tendo sorte e mantemos o virus á raia”, dinos contento por ser un dos centros educativos que non tiveron ningún susto ata o de agora e lembrando que as nenas e os nenos estanse portando moi ben, “a verdade é que os adultos deberiamos copiar deles…” sentencia. Velaquí outro superpoder para sumar no vindeiro vídeo que fagan…

ÚLTIMAS

Este 22 de agosto XV Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio

Os expositores abrirán os stands ás 11:00h para media hora dar comezo aos obradoiros...

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...