HomesociedadeUn gromo familiar obriga a facer un cribado nun edificio e nunha...

Un gromo familiar obriga a facer un cribado nun edificio e nunha aldea de Sarria

Os afectados residen no centro urbano da localidade, pero traballan nunha explotación dunha parroquia do municipio.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, confirmou a existencia dun novo gromo de coronavirus, focalizado neste caso nunha familia que vive no centro urbano da localidade, aínda que os adultos “traballan nunha granxa” situada nunha das parroquias rurais do municipio.

O rexedor local precisou que os membros desa familia “levan anos traballando” nesa explotación, de modo que o Sergas tomou a decisión de realizar un cribado na “aldea” na que está situada a granxa. Ademais, tamén se efectuarán probas entre os veciños do edificio de Sarria no que vive a familia para descartar posibles contaxios.

Garrido aclarou que se trata dun gromo “moi localizado”, polo que confía en que o traballo das autoridades sanitarias evite que se propague. De momento, deron positivo unhas cinco persoas, aínda que non se descarta a aparición de novos casos nos próximos días.

ÚLTIMAS

“O encontro de Sober” analiza durante dous días a relación rural-industria

No encontro destacábase que o 95% do territorio galego é rural, unha singularidade a...

‘Foliada Guímara’ en Pacios da Veiga

As Foliadas Guímaras son unha iniciativa que impulsa o Concello da Pobra do Brollón...

12 creacións e 3 participantes nas coplas para celebrar ‘Os maios’ en Monforte

O pasado mércores 7 de maio celebrouse en Monforte unha nova edición do Concurso...

O PP critica “os 18 anos de abandono” de Augas Mestas

Este área recreativa, construída no ano 1996 pola Deputación cun goberno popular, tiña como...