HomeComarca de SarriaSarriaSarria premiará a creatividade e a participación na ambientación de Nadal

Sarria premiará a creatividade e a participación na ambientación de Nadal

A experiencia iniciada o pasado ano deseñando diferentes concursos funcionou moi ben para implicar á veciñanza, e con mínimos cambios veñen de anunciar as bases para participar este ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria repite os concursos do pasado ano, agás o de vídeo, e incorpora un novo, o de ‘Deseño e  decoración de postais de Nadal’, para fomentar a creatividade e incentivar a participación cidadá na ambientación de Nadal.

Haberá moitos premios en cada unha das catro categorías nas que se pode participar que compensarán gastos realizados polos gañadores e premiarán a súa implicación. Consistirán en ‘tarxetas agasallo’ canxeables en establecementos de Sarria, co cal os cartos repercutirán no comercio local.

Estes son os diferentes concursos que vén de anunciar o Concello de Sarria:

II Concurso de Fotografía “Desde Sarria con amor” 2021 destinado a todas as persoas que poden presentarse de forma individual ou colectiva. Cómpre enviar fotografías nas que saia algunha decoración de Nadal de Sarria. As fotos enviaranse a turismo@sarria.gal antes do 20 de decembro e os premios consistirán en 6 tarxetas agasallo de 300, 250, 200, 150, 100 e 50 euros respectivamente.

II Concurso de Deseño e Decoración de Bolas de Nadal 2021 destinado a cativos/as nacidos entre o 2005 e o 2018. Presentaranse os traballos na Biblioteca Municipal Camilo Gonsar antes do 21 de decembro e dentro dunha caixa ou bolsa. O xurado terá coñecementos artísticos e establécense tres categorías de premios dependendo da idade. Así, haberá unha categoría ata 6 anos, outra entre 7 e 12 e outra para maiores de 13. Respecto dos premios, haberá tres tarxetas agasallo por categoría de 300, 200 e 100 euros respectivamente.

II Concurso de Decoración de Nadal 2021 establecéndose unha única modalidade a diferenza do ano anterior. Entrarán a concurso a decoración da fachada, balcón, ventá, terraza, xardín ou porta exterior, pero tamén a decoración de elementos do interior da vivenda. As inscricións faranse no concello fisicamente ou pola sede electrónica antes do 22 de decembro. O xurado estará composto por tres persoas con coñecementos de deseño e decoración e os premios consistirán en dez tarxetas agasallo de 300, 250, 200, 150, 100 e 50 euros do sexto ao décimo posto.

I Edición do Concurso de deseño e decoración de postais de Nadal 2021 para participantes de 0 a 122 anos sendo a presentación das mesmas de forma individual. As inscricións faranse na Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar entregando a felicitación en sobre pechado xunto coa ficha de inscrición. O xurado, formado por tres persoas terá coñecementos artísticos e os premios –cinco en total– consistirán en 5 tarxetas agasallo de 300, 250 200, 150 e 100 euros respectivamente.

As bases ao detalle e as fichas de inscrición están publicadas na páxina web do concello.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...