InicioComarca de SarriaSarriaNadal en Sarria: concursos e moitas actividades para todos os públicos

Nadal en Sarria: concursos e moitas actividades para todos os públicos

O Concello de Sarria vén de presentar a súa programación completa para este Nadal. Inclúe unha ampla oferta de lecer e entretemento para toda a familia e opcións para a conciliación familiar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ata o 30 de decembro o Concello de Sarria ten aberta a inscrición para a terceira edición de varios concursos baixo o título “Nadal en Sarria”. Hai un certame fotográfico, “Desde Sarria con amor”; un de deseño de bolas de Nadal, un de deseño de postais, un de decoracións de Nadal e como novidade este ano o concello anima tamén a presentar panxoliñas.

As bases para participar nos devanditos concursos están na páxina web do Concello de Sarria e as gañadoras e gañadores recibirán tarxetas agasallo para mercar en establecementos de Sarria.

PROGRAMACIÓN

Cinema infantil os días 22 e 30 de decembro na Casa da Cultura coas proxeccións de ‘Klara y la Navidad en la granja’ e ‘Cuento de Navidad’, respectivamente.

O venres 23 de decembro chega Papá Noel e O Apalpador Solidario a partires das 18:00 h. Un desfile que organiza o Club Clásicos de Sarria en colaboración coas escolas deportivas do concello. Ás 20:00 h. procederase á inauguración da Pista de Xeo e o Tren Máxico na Praza da Vila, estando ambas atraccións instaladas ata o 8 de xaneiro de 2023.

‘Gala Nadal Máxico’ o domingo 25 de decembro. A partir das 18:00 h. a Casa da Cultura será o escenario onde actuarán conxuntamente Roberto Lolo e Mago Iago, un espectáculo interxeracional que lle gustará a toda a familia.

O 27 de decembro e o 3 de xaneiro haberá conta contos da man do narrador local César No. As sesións serán na Casa da Cultura e comezarán ás 17:30 h.

César No nunha actuación no Mercado de Nadal de Monforte. Foto: Hermanager Producións.

‘Concerto de Nadal’ ás 20:30 h. na Igrexa do Rosario a cargo da Banda de Música de Sarria, a Coral Polifónica do Concello de Sarria e a coral Sarricanta.

A ‘Milla Urbana’ será o día 31 ás 18:00 h. e o 1 de xaneiro de 2023 o concello convida a achegarse á Praza da Vila ás 18:30 h. para gozar dunha ‘Fonte de chocolate e doces’.

O 5 de xaneiro terá lugar a tradicional visita dos Reis Magos á vila e ás parroquias do concello.

ACTIVIDADES PARA A CONCILIACIÓN FAMILIAR

Obradoiros de Nadal para nenos e nenas entre 3 e 10 anos na Casa da Cultura. Os días 23 de decembro, 3 e 5 de xaneiro en horario de 11:00 a 12:30 h. e os días 26, 28, 29 e 30 de decembro, 2 e 4 de xaneiro de 17:00 a 18:30 h. Inscricións na Biblioteca Pública Municipal ‘Camilo Gonsar’.

‘LegoNadal’, un espazo relacionado co mundo do Lego para nenas e nenos nados entre o 2009 e o 2019. Desenvolverase no CEIP Frei Luis de Granada de luns a venres de 7:30 a 15:30 h. entre os días 23 de decembro e 5 de xaneiro de 2023. Organizan a concellería de Educación do Concello de Sarria en colaboración coas ANPAS dos centros educativos da vila.

ÚLTIMAS

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...