HomeComarca de SarriaSarriaAberta a inscrición para o 'Tapicheo 2023' en Sarria

Aberta a inscrición para o ‘Tapicheo 2023’ en Sarria

O pasado xoves 16 de novembro abriuse o prazo para que os establecementos de hostalaría sarriaos poidan inscribirse no XVI Concurso de Tapas “Tapicheo 2023”, tendo de prazo ata o 23 do mesmo mes. O evento gastronómico desenvolverase entre os días 5 e 9 de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O ‘Tapicheo 2023’ comeza a súa conta atrás, tendo previsto o seu desenvolvento na ponte de decembro, entre os días 5 e 9 de decembro. Os locais que desexen participar deberán ingresar unha cota de inscrición de 30 euros na conta de ABANCA ES94 2080 0143 3231 1000 0072, indicando no concepto a palabra “Tapicheo” seguida do nome do establecemento. Ademais, deberán aboar outros 30 euros adicionais na axencia Halcón Viaxes situada na Rúa Diego Pazos, número 32, como contribución para a viaxe que se sorteará entre os participantes que presenten as súas tarxetas seladas por un mínimo de 15 establecementos.

Unha vez realizados ambos pagamentos, os establecementos deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica o formulario de inscrición que se pode atopar na páxina web do concello.

Nesta edición, a organización determinou que o horario mínimo de servizo das tapas entre os días 5 e 9 de decembro será de 20.00 a 23.00 horas e que o prezo por unidade deberá custar entre os 2 e os 3 euros.

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...