HomeComarca de SarriaSarriaA Deputación de Lugo demandará que se reabra do matadoiro municipal de...

A Deputación de Lugo demandará que se reabra do matadoiro municipal de Sarria

"A conselleira do Medio Rural afirmou recentemente que a Xunta está disposta a colaborar na reactivación tanto do matadoiro de Sarria como do de Mondoñedo, pero condicionou o apoio ao feito de que os concellos presenten proxectos económicos sólidos e viables", reivindicou a institución provincial

Publicado o

- Advertisement -

O Goberno da Deputación de Lugo levará ao pleno deste mes, que se desenvolverá o próximo 26 de novembro, unha proposta para demandar “medidas inmediatas” que permitan a reapertura do matadoiro municipal de Sarria.

Deste xeito, instará tanto o Concello de Sarria como á Xunta a colaborar para restablecer a actividade do matadoiro, que cualificou de “vital” para o sector agrogandeiro, as empresas cárnicas e o conxunto da economía local.

En concreto, reclama ao Concello que actúe con “máxima dilixencia e axilidade” para presentar “canto antes” un proxecto económico “sólido e viable” á Xunta. Neste sentido, tamén pedirá á Consellería do Medio Rural que “cumpra co seu compromiso” de subvencionar unha parte do investimento necesario para a reactivación do matadoiro.

“A conselleira do Medio Rural afirmou recentemente que a Xunta está disposta a colaborar na reactivación tanto do matadoiro de Sarria como do de Mondoñedo, pero condicionou o apoio ao feito de que os concellos presenten proxectos económicos sólidos e viables”, reivindicou a institución provincial.

Segundo explicou a Deputación nunha nota de prensa, o propio alcalde anunciou recentemente que o Concello non pode facerse cargo do matadoiro, propondo un cambio “drástico” no seu modelo de xestión. “Esta inacción está a suscitar o malestar no sector agrogandeiro e no conxunto da sociedade, que demanda solucións urxentes para a recuperación desta infraestrutura”, indicou.

Nesta liña, lembrou que o matadoiro se pechou o pasado 26 de agosto debido a unha avaría e leva meses sen operar, “provocando un impacto significativo nunha zona cunha elevada concentración de granxas, salas de despezamento e talleres cárnicos”. Con todo, subliñou que o pasado xoves levou a cabo unha mobilización en Sarria na que participaron 400 persoas.

ÚLTIMAS

O BNG inicia unha campaña de reivindicación do arranxo integral da N-540

O BNG inicia unha campaña de denuncia e reivindicación permanente do arranxo integral da...

A XXI Feira Medieval de Monforte presenta cartel e vídeo promocional

Monforte presenta a campaña promocional da vinteunha edición da Feira Medieval de Monforte, que...

Quiroga acolle o 5 e 6 de abril unhas xornadas formativas para para pilotos de parapente

Os vindeiros 5 e 6 de abril, a localidade de Quiroga converterase no epicentro...

Este 3 de abril comezan no centro cívico de Monforte os talleres “Constrúe a túa saída laboral no sector dos coidados”

Co obxectivo de mellorar a inserción laboral no sector sociosanitario, a Fundación Acción contra...