HomeCulturaA feira de 'Outrora', en Rubián, xa ten cartel e programa

A feira de ‘Outrora’, en Rubián, xa ten cartel e programa

Conta atrás para a celebración da XVII Feira Tradicional Outrora de Rubián, no Concello de Bóveda, o vindeiro domingo 14 de xullo.

Publicado o

- Advertisement -

Dende hai uns anos organízase un concurso de carteis, con carácter previo, para obter a imaxe gráfica do evento. A gañadora do concurso de carteis 2019 -VIII edición- foi Mirian Varela Méndez.

Dos 22 carteis presentados o xurado decidiu outorgar o premio a este cartel dunha xoven bovedense por ser o que máis representa a esencia da feira tradicional “Outrora” na que os oficios tradicionais e a artesanía son o seu selo de identidade. Como cada ano haberá diferentes casetas entre comerciantes e artesáns, con postos de todo tipo pero en maior medida de roupa, maquinaria, produtos da terra, artesanía e oficios como ceramistas e oleiros. Un dos reclamos que chama máis a atención deste evento etnográfico evento é a “recreación tradicional da malla” que terá lugar á noitiña, ao redor das 20:30 h.

O programa deste ano

10:00 h. Apertura das exposicións e oficios tradicionais ao público.

11:00 h. Pasarrúas da Banda de Gaitas Municipal.

11:30 h. Actuación do Grupo Infantil de Danza Tradicional do concello.

12:00 h. V concentración e exhibición de vehículos antigos.

12:30 h. Actuación da Banda de Música de Foz.

16:00 h. Obradoiros artesáns infantís.

17:30 h. Festa da espuma para os pequenos e pequenas.

18:30 h. Xogos tradicionais interxeracionais.

20:00 h. Actuación da Coral Municipal.

20:30 h. Recreación etnográfica da malla.

21:00 h. Peche dos postos e exposicións.

22:30 h. Degustación do “isco no guizo”.

23:00 h. Música na noite. Grupo por confirmar.

ÚLTIMAS

Monforte entrega os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas

O certame organizado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro e a Biblioteca Provincial...

O Ciclo Mestre Mateo chega este verán a Taboada, A Pobra do Brollón e Sarria

Nesta edición, o público poderá ver un total de oito títulos: Sirât, As liñas...

Premio Escoba de Platino 2026 para Monforte e xa van 4

Esta semana, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, trasladouse a Madrid para recoller...

Comeza a mellora do campo de fútbol da Ribela en Sarria á que se destinan 516.200€

Este xoves comezaron as obras e visitou as instalacións deportivas o delegado territorial de...