HomeCulturaO Folión de Carros de Chantada busca voluntarios

O Folión de Carros de Chantada busca voluntarios

A Asociación Cultural Amigos do Folión fixo un chamamento para que aqueles que non participen en ningún carro axuden á organización en diversas tarefas loxísticas.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación Cultural Amigos do Folión acaba de facer un chamamento para conseguir voluntarios que colaboren coa organización deste festexo chantadino. Esta oferta está dirixido a todos aqueles que non vaian en ningún carro pero desexen participar igualmente no Folión de Carros.

Será posible escoller entre tres quendas segundo a dispoñibilidade de cada un: mañá, tarde e noite; e as tarefas a realizar son, sobre todo, loxísticas. Dende o encintado do percorrido, á distribución de documentación entre os membros do xurado, dende a A.C. Amigos do Folión destacan que serán labores “moi asequibles”.

Manuel Vázquez Regal, presidente da A.C. Amigos do Folión, sinala que a principal razón pola que precisan de axuda externa é o ritmo tan veloz ao que está medrando esta festa. “Gustaríanos que a xente nos axudara porque o Folión é de todos, dos negocios, da xente e de Chantada en xeral”, afirmou Vázquez Regal, e engadíu que “se queremos que o Folión siga medrando temos que facer un esforzo voluntario entre todos“.

Todos aqueles que queiran participar do Folión como voluntarios poderán facelo enviando un correo electrónico ao enderezo amigosdofolion@gmail.com ou a través do seu Facebook.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...