HomeCulturaLonga vida para a música en Sober

Longa vida para a música en Sober

Concertazo dos Parentes e da Banda de Música de Sober nun dos grandes actos que organiza o Concello para conmemorar os 150 anos desta última.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober, caracterizado pola especial atención e mimo que lle dispensa á cultura e á disciplina artístico-musical, colabora coa Banda de Música de Sober na celebración do seu 150 aniversario.

Este pasado sábado, ás dez da noite, tivo lugar un concerto de balde da Banda xunto co grupo local Os Parentes no auditorio do Centro Sociocultural. O éxito de convocatoria foi rotundo quedando o espazo pequeno para recibir á gran cantidade de xente que se achegou a escoitalos. A actuación estaba prevista na Praza do Concello pero a choiva obrigouna a trasladar ao auditorio.

Aspecto do auditorio do Edificio Sociocultural de Sober durante o concerto. Foto: Prensa Sober

A Banda de Música de Sober e Os Parentes interpretaron temas propios do grupo soberino, pero tamén doutros conxuntos galegos de referencia no panorama musical como Ses, Heredeiros da Crus ou Treixadura. E non poideron faltar tampouco os temas do músico e poeta local Ramón Sandoval. Os arranxos para o concerto correron a cargo de Daniel Costa, membro de Os Parentes.

A Banda de Música de Sober seguirá adiante cos actos de celebración do seu 150 aniversario e prepárase xa para o día 3 de agosto, día no que haberá outro concerto con todos os músicos vivos que pasaron pola formación. Ao remate deste encontro haberá un xantar de confraternidade.

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...