HomeCulturaO director da Banda de Música de Sober colaborará coa Ópera de...

O director da Banda de Música de Sober colaborará coa Ópera de Milán

Miguel Franqueira vén de superar unha audición para formar parte da orquestra do Teatro Alla Scala de Milán, un dos templos da ópera mundial.

Publicado o

- Advertisement -

Miguel Franqueiro, actual director da Banda de Música de Sober, acaba de gañar unha audición de tuba para formar parte da orquestra do Teatro Alla Scala de Milán, a ópera máis importante do mundo. Franqueiro, natural de Boqueixón, terá que actuar na Scala de xeito regular, debido a que esta orquestra ofrece funcións de xeito diario e precisan un gran número de músicos de reforzo.

Para acceder a este posto, o director da Banda de Música de Sober tivo que enfrontarse a máis de 40 inscritos de diversas nacionalidades. Nunha primeira audición, fixo unha proba sen contacto visual co xurado e, na final, alzouse como gañador despois de ter que interpretar o cimbasso, un instrumento tradicional italiano empregado nalgunhas obras de Verdi. alzou como o gañador.

Ademais de dirixir a Banda de Música de Sober, Miguel Franqueiro Becerra participa como reforzo na Real Filharmónica de Galicia e colabora con outras orquestras nacionais e internacionais, como a Sinfónica de Galicia, a Orquestra Nacional de España, a Orquestra de RTVE, a Orquestra do Liceo de Barcelona e a Filarmonica Teatro Regio de Torino.

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...