HomeCulturaBatman chega a Monforte da man do FanCine de Lemos

Batman chega a Monforte da man do FanCine de Lemos

Unha exposición sobre o heroe de DC será unha das actividades que oferte a nova edición do FanCine de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

A VII Edición do FanCine de Lemos terá lugar os días 25, 26, 27 e 28 de xullo en Monforte. No festival terase moi presente a figura de Batman, xa que este ano celébrase o 80 aniversario desta personaxe de DC. Deste xeito, haberá unha exposición arredor deste heroe, que protagoniza o cartel do evento.

Cartaz do FanCine de Lemos 2019 / Cedida

Proxectarase unha mostra de catro películas, vinte curtametraxes en concurso e os traballos audiovisuais escolares do FantaFesti. Ademais, haberá unha conferencia sobre creación audiovisual, entre outras moitas actividades.

A inauguración do FanCine será o xoves día 25 no Parque dos Condes e contará cunha presencia especial: o actor Javier Botet recibirá o Premio Honorífico 2019 pola súa traxectoria no cine de terror e de ciencia fición. Botet é recoñecido internacionalmente por interpretar a diversos monstruos no cine e a televisión. Ademais, é director de cine e televisión e, nos últimos anos, converteuse nun referente do cinema fantástico.

As curtametraxes escollidas para concursar serán proxectadas entre os días 26 e 27. O xurado está formada por persoeiros do audiovisual e a literatura, como Andrés Goteira, realizador e guionista e gañador de trece Premios Mestre Mateo, Nieves Delgado, escritora de ciencia ficción e Óscar Martín, director de cine con máis de 20 anos de experiencia. No relativo ás largometraxes, as películas seleccionadas para este ano contan historias coma a dun grupo de adolescentes que perseguen un asesino en serie, un bosque con presencias inesperadas e un pasaxeiros espacial. As proxeccións realizaranse os días 25 e 26 no Parque dos Condes.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...