HomeCulturaO virtuosismo e o humor de 'Odaiko' en Sarria

O virtuosismo e o humor de ‘Odaiko’ en Sarria

A formación, integrada por percusionistas multidisciplinares de reputada traxectoria, repesentará o seu espectáculo "Invención" este venres 16 de agosto na Praza da Vila.

Publicado o

- Advertisement -

A proposta artística deste grupo galego céntrase na exploración da música tradicional multiétnica -na súa variante percusiva- faceta pouco traballada pola dificultade que supón a diversidade técnico-musical. Nas actuacións en directo destacan polo seu virtuosismo, o enxeño, o humor e a interacción co público.

No desenvolvemento do espectáculo podemos atopar instrumentos de orixe oriental (odaikos, gongs, táboas),  africanos (djembé, sabar, dum-dum), latinoamericanos (congas, bongos, maracas, caixón), galegos (bombo, pratos, tamboril, tarrañolas) e instrumentos de creación posterior como a marimba, vibráfono ou batería.

Odaiko chega ao Concello de Sarria con “Invención“, unha proposta escénica que leva varios anos de xira por Galicia. A actuación, cofinanciada polo Agadic e o concello, será este venres 16 de agosto na Praza da Vila ás 21:30 h. 

En “Invención”, a imaxinación e a creatividade son pezas fundamentais para a creación de novos obxectos e búsqueda de solucións ás que o ser humano se ten que enfrontar no día a día. Pasando por moitas invencións, dende as máis sinxelas ata as que resultaron ser froito da industrialización coa introdución do plástico, sempre chegamos á conclusión de que o futuro é reflexo do pasado e, por tanto, a conexión e o equilibrio entre o tradicional e o moderno está sempre moi presente.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...