HomeCulturaA música soa en Sober este sábado

A música soa en Sober este sábado

Publicado o

- Advertisement -

As músicas, Raquel Areal e Karla Martínez, ofrecerán o sábado, 23 de novembro, un concerto de violín e piano en Sober. A actuación, aberta ao público, será ás 19:30 horas na Casa da Cultura e forma parte do ciclo ‘Música no Outono’ organizado polas Xuventudes Musicais e o Concello de Sober.

Programa

  • Sonata nº3 de J.Brahms para violín e piano
  • Danza española “La vida Breve” de M.de Falla (arranxo de F.Kreisler)
  • Romanzas de Clara Schumann para violín e piano
  • ”Melodie” de P.Tchaikovski
  • ”Tzigane” de M.Ravel

Raquel Areal, violín

Naceu en Tui no 1999, onde comezou os seus estudos musicais. En 2011 trasladouse a Portugal, onde proseguiu a súa formación en ARTAVE e na Escola Profíssional de Música de Espinho. Desde 2016 é alumna da Escuela Superior de Música Reina Sofía, na Cátedra de Violín Telefónica co profesor Zakhar Bron e Yuri Volguin. Actualmente forma parte do Cuarteto Óscar Esplà de Asisa, tutelado polo profesor Heime Müller, antigo compoñente do Cuarteto Artemis.

Raquel

Karla Martínez, piano

Nace na Habana-Cuba no 1988. Graduada con Diploma de Oro no Instituto Superior de Arte de Cuba e Máster de Interpretación Musical na Escuela Superior de Música Reina Sofía de Madrid, onde estudou co lexendario pianista e profesor Dimitri Bashkirov e cos prestixiosos mestres Denis Lossev e en música de cámara Marta Gulyas.

Desde o pasado curso é profesora pianista repertorista do Centro Superior de Enseñanzas Superiores Musicales Katarina Gurska en Madrid e recentemente incorporouse tamén como repertorista á Escuela Superior de Música Reina Sofía.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...