HomeCulturaXXIX Certame Municipal de Teatro de Monforte do 11 ao 28 de...

XXIX Certame Municipal de Teatro de Monforte do 11 ao 28 de maio

As solicitudes de inscrición para a participación no certame presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Monforte antes do 30 de marzo. A documentación que haberá que presentar é título da obra, autor, reparto, nome do director, sinopse e duración da mesma.

Publicado o

- Advertisement -

No certame poderán participar todos os centros de ensino de Monforte de Lemos representando unha soa obra de teatro; así mesmo tamén poderán participar como invitados outras asociacións ou colectivos locais despois da correspondente petición e da aceptación por parte da Delegación Municipal de Cultura.

Todos os participantes no Certame deberán pertencer obrigatoriamente ó centro ó que representan. As obras que representen os centros de ensino terán unha duración mínima de media hora e deberán ser estreadas no certame.

As datas da posta en escena de cada unha das obras que se presenten, serán determinadas pola Delegación Municipal de Cultura e os centros de ensino nunha reunión o 30 de marzo no Concello de Monforte de Lemos, ás 12:00 horas. As representacións das obras de teatro terán lugar no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, sempre en horario de 20:00 horas.

O Concello colaborará cos centros de ensino participantes aportando material para a realización da obra por unha cantidade máxima de 100 euros. Os premios consistirán na gravación en DVD das obras representadas que serán entregadas ós centros participantes, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes. A entrega de premios será no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 1 de xuño ás 18:00 h.

ÚLTIMAS

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...