Lemos Le promove o proxecto Mulleres de Lemos

O Colectivo Lemos Le para conmemorar o Día da Muller que se celebra o 8 de marzo; organiza o Proxecto Mulleres de Lemos. Mulleres de onte, de hoxe e de mañá coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes na historia pasada e presente das Terras de Lemos.

RIBEIRA SACRA

O proxecto Mulleres de Lemos é continuidade do Certame Mulleres de Lemos que desenvolveu Lemos Le nos últimos seis anos, pero poñendo o foco en mulleres do presente; concretamente este ano terá como protagonista a Margarita Rodríguez Otero como pioneira en moitos aspectos da súa vida: fundadora da súa propia empresa, Vicepresidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, membro da primeira Xunta Xestora da Asociación de Empresarios de Lugo, concelleira no Concello de Monforte de Lemos, Deputada provincial en Lugo, Deputada no Parlamento de Galicia, Cronista Oficial da cidade de Monforte e escritora con varios libros publicados.

Dentro deste proxecto realizaranse diversas actividades divulgativas nos centros de Secundaria e nas Bibliotecas Públicas Municipais e o obradoiro “Mulleres de onte, de hoxe e de mañá por Margarita Rodríguez Otero” nos centros educativos de primaria da comarca no que se fará un traballo de reflexión e ilustración sobre o texto escrito por ela que da título ao proxecto.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here