HomeCulturaSheila Pérez gañadora do cartel da XVI Feira Tradicional Outrora

Sheila Pérez gañadora do cartel da XVI Feira Tradicional Outrora

Esta celebración costumista que recrea as feiras de antes terá lugar en Rubián, concello de Bóveda, o vindeiro 14 de xullo.

Publicado o

- Advertisement -

Sheila Pérez, deseñadora e interiorista de Monforte, vén de recibir o premio ó mellor cartel anunciador da Feira Tradicional Outrora.

Como xa informou o XdL o Concello de Bóveda organizou, no mes de maio, un concurso para que todos aqueles artistas que o quixeran se presentasen para a elaboración do cartel da edición deste ano da súa feira tradicional do 14 de xullo.

“Zoca Contemporánea. Reinventando o tradicional”. Baixo esta nomenclatura, Sheila Pérez nada en Monforte e actualmente dona do estudo Espazo Nu, resultou ser a gañadora deste ano.

Como te presentaches ó concurso?

Porque o vin publicado no xornal e apetecíame participar. Todo o que ten que ver co deseño encántame e, como sempre se di, por participar non perdes nada.

Que representa a túa obra?

Como ben di o seu nome, é unha representación actual da tradición. As zocas están moi vencelladas a Galicia e ademais encántanme. Tiña claro que ían ser o tema principal da miña creación. Por outra banda tamén quería escapar ó tradicional nos carteis da feira. Por suposto que respeto enormemente a todos os creadores pero ó final, sempre era a mesma temática e eu quería que fose algo totalmente diferente. Apetecíame darlle unha volta ó cartel anunciador da feira sen perder a esencia da temática.

Que supón para ti ser a gañadora deste concurso?

Estou moi contenta. Gústame que a xente tamén me coñeza por outros traballos que non son os habituais en min. Ó final é pasalo ben facendo o que che gusta. Ademais, tamén é un aliciente para presentarse a outras convocatorias, todo o que ten que ver co teu oficio “engancha”.

 

ÚLTIMAS

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...