HomeCulturaCé Orquestra Pantasma pecha os concertos online da Pobra do Brollón

Cé Orquestra Pantasma pecha os concertos online da Pobra do Brollón

Este sábado, 2 de maio, terá lugar o derradeiro concerto do ciclo ‘Cos Pés na Casa’. Será a partir das 21:00 horas en directo na páxina de Facebook do Concello da Pobra do Brollón.

Publicado o

- Advertisement -

Cé Orquestra Pantasma é o nome artístico do músico vigués César Freiria. No concerto do sábado noite interpretará temas da súa discografía, ademais de temas inéditos propios e poemas musicados de poetas galegos, entres os que incluirá un da poeta guímara Olga Novo.

Remata así un ciclo que xurdiu como un xeito de seguir programando cultura en tempos de confinamento debido á pandemia do COVID-19. Outros artistas que actuaron no ciclo son Ale González, Benxamín Otero, Laura LaMontagne e PicoAmperio, e Xoán Curiel.

Nas redes sociais do Concello da Pobra do Brollón publicarase a entrevista previa ao concerto de Cé Orquestra Pantasma.

ÚLTIMAS

Aberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de Monforte

O Concello de Monforte informa á veciñanza que a Escola de Danza Municipal comezará...

Novas titulacións e formación para todas as idades na Aula Universitaria da UNED en Monforte

Integrada no Centro Asociado da UNED en Lugo, a Aula Universitaria da UNED en...

José Tomé levará ao pleno do 26 de outubro a licitación do PXOM, “o documento máis importante para Monforte desde hai máis de 40...

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou este xoves que levará...