HomeCultura‘Concertos na Terceira Fase’ nos bares da Pobra do Brollón

‘Concertos na Terceira Fase’ nos bares da Pobra do Brollón

O ciclo comeza con Alexandro González este domingo 14 ás 13:00 horas na terraza da parrillada O Fogón, en Cereixa. O músico salcedao ofrecerá un repertorio a piano e voz con versións de clásicos de ambas beiras do Atlántico.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón pon en marcha os ‘Concertos na Terceira Fase’, unha proposta para os vermús dos domingos con cinco concertos a cargo de artistas locais ou estreitamente ligados ao municipio.

Os concertos serán con Samparasón na Salanova, As Searas na Vella Taberna, Garabelo no Bar Pirata e Xerezade no Primeiro de Maio. Todos os concertos son de balde, previa reserva.

O ciclo, cuxo nome é un xogo de palabras coa película de ciencia ficción Encontros na Terceira Fase, trátase dunha iniciativa do Concello para apoiar dous sectores moi danados pola crise sanitaria, a hostalería e o sector cultural.

Para garantir as medidas é necesario reservar con antelación, idealmente por grupos para facilitar a organización das mesas. Cada local terá unha proposta para o xantar para quen se anime a quedarse despois do concerto. As persoas interesadas en xantar poderán indicalo no momento de facer a reserva.

As reservas para o concerto de Alexandro González, o domingo 14, deben facerse no teléfono 982 430 015. Os teléfonos para reservar para os seguintes concertos publicaranse antes de cada evento.

ÚLTIMAS

Este 18 de agosto desde as 20:30 celébrase no Pavillón Municipal de Chantada o I Torneo de Fútbol Sala Terras do Asma

O Torneo que se disputará este martes, 18 de agosto desde as 20:30h no...

Quiroga mellora o local social cunha axuda do Leader

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destinou 13.400 euros...

Entrega de trofeos do Torneo de Golf Concello de Monforte

O Club Deportivo Río Cabe Golf foi o encargado de organizar este evento, que...

Festas en Santa Cruz de Brosmos e concerto de Carlos Núñez no Pazo de Sober

Os días 22 e 23 de agosto, a parroquia soberina de Santa Cruz de...