HomeCultura"Palabras molladas", arqueoloxía e viño na Pobra do Brollón

“Palabras molladas”, arqueoloxía e viño na Pobra do Brollón

O proxecto Adegas da Memoria e o Concello da Pobra do Brollón organizan ‘Palabras Molladas’, unha serie de charlas sobre arqueoloxía, acompañadas de viños de Vilachá de Salvadur con D.O. Ribeira Sacra. A primeira cita este mércores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Casa da Cultura da Pobra do Brollón acollerá estas charlas concibidas en paralelo á campaña arqueolóxica actualmente en marcha no lugar dos Conventos, na parroquia guímara de Vilachá.

A primeira charla será este mércores 22 a cargo de Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación de Pontevedra. Baixo o título ‘Veraneantes nos castros das Rías Baixas’, tratará as relacións entre os habitantes do Mediterráneo e a poboación de Galicia e do noroeste peninsular dende a Idade do Ferro ata o presente. O viño a acompañar esta charla será de O Tolo do Xisto.

Ao día seguinte, o xoves 23, falará Juan Pablo López de arqueoloxía, comunidade e medio rural a partir do proxecto Terra Levis na Serra de Ávila. A charla incluirá a proxección da curta documental Nos quedamos. Será unha charla maridada con viño de Acivro.

A última charla será o xoves 30 de xullo a cargo de Xurxo Ayán quen presentará as “case conclusións” da campaña arqueolóxica actual nos Conventos, a cal dirixe. Poderase degustar viño de Val do Frade.

Todas as charlas serán ás 20:00 h no salón de actos da Casa da Cultura ‘Olga Novo’, na Pobra do Brollón. Respectaranse as distancias e medidas de seguridade, e o uso de máscara será obrigatorio.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...

Un incendio corta a circulación ferroviaria entre Monforte e León

A circulación ferroviaria atópase interrompida entre Folgoso e La Granja  por unha avaría derivada...

Tres menores investigados en Sarria por furtos en dous comercios

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Sarria a tres menores de idade...

Así se presenta a programación deste Nadal en Monforte

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de...