HomeCulturaCarteis para un histórico Folión de Carros

Carteis para un histórico Folión de Carros

A directiva da Asociación Cultural Amigos do Folión presenta nunha soa mostra todos os carteis anunciadores do Folión de Carros feitos no século XXI.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mostra “Carteis para un histórico Folión de Carros” estará aberta na Casa da Cultura de Chantada entre o martes 4 de agosto e o domingo 30 de agosto, no horario da Casa da Cultura.

Algúns dos carteis son os gañadores dos concursos de carteis convocados pola Asociación algún ano (2009, 2019 ou 2020), outros son feitos por artistas particulares (2010, 2014 ou 2015) a quen lles foi solicitado o deseño, e outros foron feitos colectivamente (2017 ou 2018).

A mostra está composta por un total de 21 carteis históricos (2002-2019 e 1995, 1998 e 1999), o cartel deste ano (2020) e todos os carteis presentados ao concurso neste 2020. Ademais, na mostra poderanse ver as maquetas dos carros gañadores do Folión de Carros nas edicións 2017: “Un día de laboura na Casa do Cura”; 2018: “Os ferradores”; e 2019: “A chocolatería da Señora Sabina”; ademais da maqueta do carro clasificado en segundo lugar no Folión de Carros de 2019: “As lembranzas do meu avó Basilio como alambiqueiro”.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...