HomeCulturaTeatro infantil e familiar este sábado en Monforte

Teatro infantil e familiar este sábado en Monforte

O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro, e programa para este sábado 31 de outubro unha obra dirixida ó público infantil e familiar no Edificio Multiusos a partir das 18.00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte continúa adiante co ciclo de teatro previsto para o último trimestre do ano 2020, contando coas medidas de seguridade necesarias ante o Covid-19 para a realización de cada unha das actividades programadas. 

A compañía Sarabela Teatro presenta Proxecto Noee, obra composta e dirixida por Fina Calleja e coa interpretación de Elena Seijo, Fernando Dacosta e Sabela Gago.

A entrada para esta obra é gratuíta, sendo o aforo limitado. Debido a situación sanitaria é obrigatorio o uso de máscaras, haberá que gardar a distancia de seguridade e usar a solución hidroalcohólica.

A entrada farase media hora antes do comezo da obra ás 18.00 horaa, e realizarase ata completar o aforo.

Sinopse

Neve, tres pingüíns, o desxeo e dous boletos para a A.R.C.A. (Aparello Rescatador de Animais) de Noeé (Novos Observadores Especialistas da Evacuación) son os elementos desta historia narrada cunha linguaxe sinxela e contundente. Os pingüíns reflexionan sobre o valor da amizade: como facer para salvarse os tres cando só teñen dúas pasaxes? Cando está permitido e cando non romper as regras?

Tres amigos enfróntase ao dioivo universal, ou ao cambio climático ou como lle queiramos chamar neste principio de século. As ordes son moi claras, so están convidados dous. Na ARCA só admiten parellas. Nestas circunstancias pregúntanse polas leis humanas e divinas, polo sentido da existencia, pola amizade e o desexo de sobrevivir á conta do outro, o “outro como algo moi diferente ao meu. Con humor e espírito lúdico o espectáculo prantexa preguntas ao redor da nosa relación coa natureza.

ÚLTIMAS

Este 30 de decembro o Faladoiro de Quiroga cunha veciña de Ucraína

Mariia foise adaptando aos costumes, ao clima e á lingua. Traballou como coidadora e...

Dous anos de Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible nas comarcas de Lemos, Chantada e Deza

Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible Galicia atende en orientación laboral a persoas...

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...